Friday 29 de March de 2024

Malpica solicitará á Deputación apoio económico para adquirir un tractor desbrozador e un camión


O pleno da coporación local aprobou onte por unanimidade solicitar ao ente provincial unha subvención de concesión directa por importe de 173.995 euros para cofinanciar o proxecto.

O Concello de Malpica solicitará á Deputación da Coruña apoio económico para adquirir un tractor con brazo rozador e desbrozadora e un camión con caixa basculante e grúa.

O pleno da corporación municipal aprobou onte por unanimidade solicitar ao ente provincial unha subvención de concesión directa por importe de 173.995 euros para cofinanciar esta iniciativa.

Esta cifra corresponderíase co 80% do custo total do investimento (217.493), cuxo 20% restante, 43.498 euros, será aportado a través de fondos propios do Concello.

O goberno local sinalou que a través desta adquisición seguen a mellorarse os servizos do municipio, nesta ocasión no eido da protección ambiental, co obxectivo de acondicionar diferentes espazos dunha forma máis eficiente e rápida con este novo equipamento.